Método de galeguización

Metodoloxía de localización de aplicativos de código aberto, implantación de estándares LISA e cuestións relacionadas

Método de galeguización

Mensaxepor roebek » 01 Nov 2009, 23:00

Ola a todos,

estes días atrás estivemos a traballar na sistematización dun método de galeguización que puidese servir de referencia de entrada para a xente nova interesada en colaborar, á vez que poida valer para que todos nós teñamos máis claro cales son os pasos comúns ao proceso de tradución (alén das particularidades de cada proxecto). Podedes consultala en:

http://repositorio.g11n.net/l10n/doc/estratexias/

Queriamos compartilo aquí para así poder mellorala coas achegas de todos.

Un saúdo.
Non hai peor fascista ca un burgués asustado -- Anónimo
Avatar de Usuario
roebek
Site Admin
 
Mensaxes: 17
Rexistrado: 20 Out 2009, 00:09

Re: Método de galeguización

Mensaxepor merexo » 02 Nov 2009, 14:11

Ten boa pinta. Podería servir para ir unindo os esforzos que cada un de nós facemos por separado mantendo a autonomía de cada grupo. E poderíamos mellorar a calidade das traducións e seguramente tamén a cantidade. A min polo menos váleme.
merexo
 

Re: Método de galeguización

Mensaxepor xabier » 02 Nov 2009, 21:38

Está bastante ben, aínda que coido que para nós seria máis sinxelo que os revisores,coordinadores e verificadores fosen un só grupo, xa que é moito menos choio que traducir, a parte que eses 3 grupos comparten traballo,en común, pero o diagrama organiza o conxunto dunha tradución moi ben, creo que en xeral é un modelo a seguir.
xabier
 
Mensaxes: 4
Rexistrado: 26 Out 2009, 08:20

Re: Método de galeguización

Mensaxepor roebek » 02 Nov 2009, 22:27

xabier escribiu:Está bastante ben, aínda que coido que para nós seria máis sinxelo que os revisores,coordinadores e verificadores fosen un só grupo, xa que é moito menos choio que traducir, a parte que eses 3 grupos comparten traballo,en común, pero o diagrama organiza o conxunto dunha tradución moi ben, creo que en xeral é un modelo a seguir.


Ten en conta que non se fala de "persoas" senón de "perfís de traballo". Isto quere dicir que pode haber proxectos nos que unhas persoas se encarguen de verificar, outras de traducir, outras de revisar, etc. e sexan grandes abondo como para ter grupos diferenciados para cada perfil... pero pode darse o caso de outros proxectos nos que unha persoa faga a coordinación e a revisión, outra a tradución e a verificación, por exemplo.
Non hai peor fascista ca un burgués asustado -- Anónimo
Avatar de Usuario
roebek
Site Admin
 
Mensaxes: 17
Rexistrado: 20 Out 2009, 00:09

Re: Método de galeguización

Mensaxepor minhoca » 03 Nov 2009, 08:34

Un bo curre. Moi ben.

Apuntar algo: non sería convinte engadir nese método ou modelo, algúnha tarefa referida a, como apuntaba xabier noutro fio, manter viva unha tradución en canto que haxa alguén encargado/a de verificar que os paquetes de idioma non quedan desfasados por existir novas versións?
Saúde. Alexandre Prieto.
Gustaríame falar moitos idiomas, pero so manexo ben unha lingua allea: español.
"Somos galegos por obra e gracia do idioma" (Sempre en Galiza-Castelao)
CiberIrmandade da Fala
Avatar de Usuario
minhoca
Site Admin
 
Mensaxes: 56
Rexistrado: 18 Out 2009, 20:49

Re: Método de galeguización

Mensaxepor suso » 03 Nov 2009, 10:10

minhoca escribiu:Un bo curre. Moi ben.

Apuntar algo: non sería convinte engadir nese método ou modelo, algúnha tarefa referida a, como apuntaba xabier noutro fio, manter viva unha tradución en canto que haxa alguén encargado/a de verificar que os paquetes de idioma non quedan desfasados por existir novas versións?


En principio ese proceso está implícito nos atribuidos á coordenación, xa que esa verficación (a igual que outras accións como a comprobación de integridade ou a definición de prioridades) é resultado dun proceso de observación e participación nas canles de comunicación globais do proxecto correpondente.

Porén despois do que comentas penso que sería bó facer explícito ese proceso, e de feito podería ter unha utilidade a maiores: fechar o ciclo do fluxograma servindo como conector para os procesos de publicación dunha versión e o chamamento da seguinte.

Pola miña parte tomo nota para incorporar esta idea na próxima versión do diagrama.

E grazas pola suxestión!
Para que o mal trunfe basta que a gente boa não faga nada. Edmund Burke
Avatar de Usuario
suso
Site Admin
 
Mensaxes: 85
Rexistrado: 22 Out 2009, 22:41

Re: Método de galeguización (licenzas)

Mensaxepor suso » 04 Nov 2009, 15:20

Nota: abrimos un novo fío adicado a discutir sobre a política de licenzas da plataforma por ser unha cousa independente da licenza escollida para este documento.
Para que o mal trunfe basta que a gente boa não faga nada. Edmund Burke
Avatar de Usuario
suso
Site Admin
 
Mensaxes: 85
Rexistrado: 22 Out 2009, 22:41

Re: Método de galeguización

Mensaxepor roebek » 07 Nov 2009, 20:14

minhoca escribiu:Un bo curre. Moi ben.

Apuntar algo: non sería convinte engadir nese método ou modelo, algúnha tarefa referida a, como apuntaba xabier noutro fio, manter viva unha tradución en canto que haxa alguén encargado/a de verificar que os paquetes de idioma non quedan desfasados por existir novas versións?


Acabamos de actualizar o documento (versión 0.4) incluíndo a fase de seguemento que suxeríades aquí neste fío.

http://repositorio.g11n.net/l10n/doc/estratexias/
Non hai peor fascista ca un burgués asustado -- Anónimo
Avatar de Usuario
roebek
Site Admin
 
Mensaxes: 17
Rexistrado: 20 Out 2009, 00:09

Re: Método de galeguización

Mensaxepor medulio » 08 Nov 2009, 00:20

roebek escribiu:Acabamos de actualizar o documento (versión 0.4) incluíndo a fase de seguemento que suxeríades aquí neste fío.

http://repositorio.g11n.net/l10n/doc/estratexias/

Non é importante, mais penso que hai unha gralla na ligazón para o artigo da Class-Responsibility-Collaboration card no documento.
Umha aperta.

"O bosque seria moi triste se só cantassem os paxaros que cantam milhor" (Tagore)
Avatar de Usuario
medulio
Site Admin
 
Mensaxes: 7
Rexistrado: 22 Out 2009, 22:30

Re: Método de galeguización

Mensaxepor roebek » 08 Nov 2009, 05:00

medulio escribiu:Non é importante, mais penso que hai unha gralla na ligazón para o artigo da Class-Responsibility-Collaboration card no documento.


Resolto, xunto cunha pequena gralla no código HTML que facía que non cumprise cos estándares.
Un millón, medulio :)
Non hai peor fascista ca un burgués asustado -- Anónimo
Avatar de Usuario
roebek
Site Admin
 
Mensaxes: 17
Rexistrado: 20 Out 2009, 00:09


Volver a Estratexias

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron